Preguntas frecuentes

Descobre como sacarlle partido á túa aplicación. Nesta páxina respondemos as preguntas ou cuestións máis frecuentes que poden xurdirche á hora de utilizar a aplicación.

Se te marchas, e o teu ticket aínda non finalizou, podes ofrecer o tempo que che sobra ao resto de usuarios para que aparquen gratis.

Cando vaias sacar un ticket, non esquezas consultar se hai un ticket para a zona onde aparcaches o teu coche; captúrao e aparca GRATIS.

Na cidade de Madrid non existe a posibilidade de ofrecer e compartir tickets con outros usuarios, xa que o Concello de Madrid non nos permite facelo.

Capturar un ticket na APP:

  • Na Pantalla de inicio, accede a Pagar  estacionamento.
  • Confirma Matrícula e Cidade e pulsa en Capturar ticket
  • Selecciona o ticket que se adapte á túa situación.
  • Acepta e recibirás un aviso validando a operación.

Compartir un ticket na APP:

  • Na Pantalla de inicio, accede a Tickets activos.
  • Elixe o ticket que desexes ofrecer a outros usuarios.
  • Selecciona Ofrecer ticket
  • Se estás conforme, pulsa Ofrecer e compartirías o teu ticket

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar os servizos ofrecidos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso e instalación. Para máis información faga click aquí.