Preguntas frecuentes

Descobre como sacarlle partido á túa aplicación. Nesta páxina respondemos as preguntas ou cuestións máis frecuentes que poden xurdirche á hora de utilizar a aplicación.

e-park non conserva dato algún da túa tarxeta bancaria. So conservamos un número de operación que nos envía a entidade bancaria para vincular a túa recarga á túa conta de usuario.

Cada vez que obtés un ticket, descóntase o importe do salgo prepagado. Co mesmo saldo de e-park podes estacionar nas cidades onde está dispoñible.

Lembra que para confirmar unha recarga debes introducir o contrasinal de e-park.

Recomendámosche que, escollas un contrasinal que lembres facilmente

 

Debes falar inmediatamente coa túa entidade bancaria para que cancele a túa tarxeta extraviada. deste modo ninguén poderá facer uso dela ao quedar invalidada.

Os teus datos, saldo e configuración de e-park permanecen seguros no noso sistema.

e-park só permite que se rexistre unha tarxeta asociada a cada conta. No caso de querer utilizar outra tarxeta debes borrar a anterior e dar de alta unha nova, por cuestións de seguridade e para evitar confusións.

Se recibes unha notificación de que se rexeitou a túa tarxeta bancaria, deberás contactar en primeiro lugar co teu banco para pescudar cal é o motivo.

Asegúrate de que a información da tarxeta que tes rexistrada na túa conta de e-park é correcta e non caducou xa que, en ocasións, cando a túa tarxeta caduca recibes unha nova con un número diferente.

Se o desexas, podes dar de alta outra tarxeta bancaria mentres se resolve a incidencia.

Para elo, só tes que entrar desde a app na pestana “a miña conta”, seleccionar eliminar tarxeta e proceder ao alta de unha nova

E-park acepta todo tipo de tarxetas bancarias, tanto de crédito como de débito. Sempre que das de alta unha nova tarxeta verificamos coa entidade procesadora da túa tarxeta a súa validez.

En ocasiones determinadas entidades bancarias, non activaron os seus protocolos para que poidas facer pagos coa túa tarxeta  nun smartphone. Iso non significa que non teñas saldo ou que a túa tarxeta non funcione, se non que o teu banco non fixo os deberes.

Se tes problemas para dar de alta a túa tarxeta, e comprobastes que introduciches correctamente todos os datos, ponte en contacto connosco para que falemos coa  túa entidade e solucionalo á maior brevidade.

Existen certos métodos de pago ou  tarxetas bancarias NON admitidas en e-park como:

  • PayPal
  • American Express
  • Dinners Club
  • Domiciliacións bancarias
  • Transferencias bancarias

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar os servizos ofrecidos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso e instalación. Para máis información faga click aquí.