Preguntas frecuentes

Descobre como sacarlle partido á túa aplicación. Nesta páxina respondemos as preguntas ou cuestións máis frecuentes que poden xurdirche á hora de utilizar a aplicación.

En e-park tomámonos moi en serio a seguridade nos pagos. Debemos investigar o que aconteceu. Para elo debes poñerte en contacto connosco, enviándonos os seguintes datos:

  • Explicación do acontecido
  • Importe
  • Data
  • Xustificante da túa entidade bancaria

Lembrámoste que no procedemento de alta de unha nova tarxeta, verificamos a súa validez emitindo automaticamente un cargo e unha devolucion de 1€. Deste modo a túa entidade bancaria indícanos que a túa tarxeta é válida para poder realizar pagos en e-park.

En e-park tomámonos moi en serio calquera dúbida ou cuestión que te xurda concernente a pagos e cargos, polo que comprometémonos a tratar de rIsolver este tipo de problemas o antes posible.

Só te pedimos, que antes de poñerte en contacto connosco, verifiques se o cargo aparece no teu extracto bancario.

En caso de que apareza, por favor envíanos o xustificante para poder comprobalo e axilizar a xestión.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar os servizos ofrecidos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso e instalación. Para máis información faga click aquí.