Preguntas frecuentes

Descobre como sacarlle partido á túa aplicación. Nesta páxina respondemos as preguntas ou cuestións máis frecuentes que poden xurdirche á hora de utilizar a aplicación.

O vixiante da zona de estacionamento regulado pon un aviso de denuncia, ao comprobar que a matrícula do vehículo estacionado non sacou o ticket.

Para evitar que volvas ser sancionado por este motivo, debes asegurarche que a matrícula seleccionada é a correcta, senón o controlador non poderá saber se tes un ticket en vigor e volverá sancionarche.

Se queres cambiar a matrícula, na APP, debes dirixirche á Pantalla de incio-Menú lateral-Os teus vehículos. Alí poderás borrar a actual e engadir unha nova, ou, pulsar o botón Novo vehículo e así ter dispoñibles varias matriculas. Nese caso, debes asegurarche que seleccionaches a matrícula correcta cada vez que vaias sacar un ticket.

Tamén podes realizar esta operación desde a web, iniciando sesión co teu usuario e contrasinal e accedendo á pestana Matrículas.

Debes poñer correctamente a matrícula. Desta forma o controlador poderá verificar que a matrícula do vehículo estacionado corresponde coa que obtivo o ticket.

Na APP:

  • Na Pantalla de inicio, accede ao Menú lateral.
  • No Menú lateral, accede aos teus vehículos

Na web:

  • Accede á Miña Conta, iniciando sesión co teu usuario (DNI, CIF ou NIE) e contrasinal e entrando na pestana Matrículas

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar os servizos ofrecidos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso e instalación. Para máis información faga click aquí.