Preguntas frecuentes

Descobre como sacarlle partido á túa aplicación. Nesta páxina respondemos as preguntas ou cuestións máis frecuentes que poden xurdirche á hora de utilizar a aplicación.

En e-park tomámonos moi en serio calquera dúbida ou cuestión que te xurda concernente a pagos e cargos, polo que comprometémonos a tratar de rIsolver este tipo de problemas o antes posible.

Só te pedimos, que antes de poñerte en contacto connosco, verifiques se o cargo aparece no teu extracto bancario.

En caso de que apareza, por favor envíanos o xustificante para poder comprobalo e axilizar a xestión.

Na páxina principal da web www.e-park.es, accede á Miña Conta. Na pestana Movementos, poderás ver a túa actividade en e-park e poderás descargarche os xustificantes dos tickets, asinados dixitalmente.

O pago do servizo de estacionamento regulado é unha taxa e polo tanto non leva IVE. Non obstante, podes axuntar eses xustificantes

coma liquidacións ou coma gastos de empresa se fose o caso.

Consúltao co teu asesor.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar os servizos ofrecidos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso e instalación. Para máis información faga click aquí.