Preguntas frecuentes

Descobre como sacarlle partido á túa aplicación. Nesta páxina respondemos as preguntas ou cuestións máis frecuentes que poden xurdirche á hora de utilizar a aplicación.

e-park permite que os usuarios rexistrados anulen as súas denuncias, se previamente obtiveron un ticket coa APP e a condición de que esta sexa anulable, segundo estipula a ordenanza municipal en vigor da cidade onde estacionase.

Para coñecer se a denuncia é anulable, debes ir ao botón Pagar estacionamento na Pantalla de inicio. Selecciona a matrícula sancionada na cidade da infracción e pulsa sobre a pestana Anular denuncia. O sistema consultará se a sanción é anulable ou non.

  • Se a denuncia non é anulable, aparecerá indicado.
  • Se a denuncia si é anulable, sairá unha pantalla de pago co importe da anulación.

Só tes de confirmar a operación e esta quedará anulada. Espera uns segundos e consulta a pestana Movementos, dentro do Menú lateral, en Pantalla de inicio e poderás ver o movemento co pago da anulación de denuncia.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar os servizos ofrecidos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso e instalación. Para máis información faga click aquí.