Preguntas frecuentes

Descobre como sacarlle partido á túa aplicación. Nesta páxina respondemos as preguntas ou cuestións máis frecuentes que poden xurdirche á hora de utilizar a aplicación.

O teu usuario é o número de DNI/CIF/NIE que facilitaches no momento do rexistro.

Na APP:

  • Na Pantalla de inicio, accede ao Menú lateral.
  • Dentro do Menú lateral, pulsa nos teus datos.
  • Nos teus datos, pulsa en Modificar os teus datos.
  • Realiza os cambios que queiras facer e selecciona Gardar cambios.

Na web:

  • Na Pantalla de inicio, accede á Miña Conta.
  • Na Miña Conta, pulsa en Editar datos persoais.
  • Por último, enche os campos e pica en Gardar

 

Na APP:

  • Na Pantalla de inicio, accede ao Menú lateral.
  • Dentro do Menú lateral pulsa nos teus datos.
  • Nos meus datos, pulsa en Modificar os teus datos.
  • Accede a Cambiar contrasinal
  • Enche os campos co contrasinal antigo e o contrasinal novo. Confirma que a nova é correcta. Recibirás un e-mail confirmando a operación.

      Na web:

  • Accede á Miña Conta
  • Pulsa no botón Cambiar contrasinal.
  • Para modificala, terás que introducir o contrasinal antigo e confirmar a nova.

Na APP:

  • Na Pantalla de inicio, accede ao Menú lateral.
  • No Menú lateral, accede aos teus vehículos

Na web:

  • Accede á Miña Conta, iniciando sesión co teu usuario (DNI, CIF ou NIE) e contrasinal e entrando na pestana Matrículas

Na páxina principal da web www.e-park.es, accede á Miña Conta. Na pestana Movementos, poderás ver a túa actividade en e-park e poderás descargarche os xustificantes dos tickets, asinados dixitalmente.

O pago do servizo de estacionamento regulado é unha taxa e polo tanto non leva IVE. Non obstante, podes axuntar eses xustificantes

coma liquidacións ou coma gastos de empresa se fose o caso.

Consúltao co teu asesor.

No caso de ter un problema e que non apareza a configuración desexada, te recomendamos que peches sesión e inicies de novo.

Lembra que o teu usuario sempre é o DNI, CIF o NIE que deixaches no momento do rexistro.

Se o problema persiste, segue os seguintes pasos:

  • Desinstalar a app. Aínda que borres la app, os datos  e a configuración non desaparecen. Os poderás ver unha vez inicies sesión de novo.
  • Ir ao Market d teu Smartphone, buscar “e-park”, descargala e instalala.
  • Iniciar sesión co teu usuario e contrasinal.
  • No caso de persistir o problema, ponte en contacto connosco.

Se te marchas, e o teu ticket aínda non finalizou, podes ofrecer o tempo que che sobra ao resto de usuarios para que aparquen gratis.

Cando vaias sacar un ticket, non esquezas consultar se hai un ticket para a zona onde aparcaches o teu coche; captúrao e aparca GRATIS.

Na cidade de Madrid non existe a posibilidade de ofrecer e compartir tickets con outros usuarios, xa que o Concello de Madrid non nos permite facelo.

Capturar un ticket na APP:

  • Na Pantalla de inicio, accede a Pagar  estacionamento.
  • Confirma Matrícula e Cidade e pulsa en Capturar ticket
  • Selecciona o ticket que se adapte á túa situación.
  • Acepta e recibirás un aviso validando a operación.

Compartir un ticket na APP:

  • Na Pantalla de inicio, accede a Tickets activos.
  • Elixe o ticket que desexes ofrecer a outros usuarios.
  • Selecciona Ofrecer ticket
  • Se estás conforme, pulsa Ofrecer e compartirías o teu ticket

Temos abertos varias canles de comunicación:

  • Na Pantalla de inicio, accede ao Menú lateral e pulsa en Soporte técnico. Ao pulsalo abrirase automaticamente unha pestana, onde poderás seleccionar a cidade onde che atopas e, a continuación,  un correo electrónico para poñerche en contacto connosco.
  • Na páxina web, accede á miña Conta e pulsa en Soporte. Alí atoparás un espazo no que incluír o texto. Ademais, na pestana Tutoriales atoparás  toda a información necesaria para utilizar correctamente a APP e-park.
  • Tamén poidas contactar connosco a través de Facebook. https://www.facebook.com/epark.appmobile/?fref=ts

 

É pola túa seguridade. Para realizar unha recarga é necesario verificar a operación co contrasinal de e-park que proporcionaches ao facer o rexistro na app.

Pedímosche o teu contrasinal e-park para:

  • Iniciar sesión, xunto co teu usuario (DNI, CIF ou NIE)
  • Confirmar recárgalas de saldo.
  • Acceder ao apartado A miña Conta da web

 Se NON lembras o contrasinal, podes solicitar unha nova:

  • A través da APP, pulsando sobre o texto Esqueciches o teu Contrasinal? debaixo dos campos DNI/CIF/NIF, contrasinal, na páxina de inicio. Enche os campos co contrasinal novo e Acepta. Lembra elixir un contrasinal fácil de lembrar. Recibirás un e-mail confirmando a operación.
  • A través da web www-e-park.es, accedendo á miña Conta. Na pantalla onde debes introducir o teu usuario e contrasinal, atoparás debaixo: Esqueciches o teu contrasinal? Enche os campos.Enviaráseche o contrasinal ao correo que proporcionaches no  momento do rexistro. Non esqueza comprobar o cartafol spam se pasado un tempo non o recibes na túa bandexa de entrada.
  • Recomendámosche que cambies o teu contrasinal por unha que lembres con facilidade.

 

e-park non conserva dato algún da túa tarxeta bancaria. So conservamos un número de operación que nos envía a entidade bancaria para vincular a túa recarga á túa conta de usuario.

Cada vez que obtés un ticket, descóntase o importe do salgo prepagado. Co mesmo saldo de e-park podes estacionar nas cidades onde está dispoñible.

Lembra que para confirmar unha recarga debes introducir o contrasinal de e-park.

Recomendámosche que, escollas un contrasinal que lembres facilmente

 

e-park só permite que se rexistre unha tarxeta asociada a cada conta. No caso de querer utilizar outra tarxeta debes borrar a anterior e dar de alta unha nova, por cuestións de seguridade e para evitar confusións.

e-park xestiona os teus pagos a través dunha pasarela que garante que as transaccións se realizan nunha contorna segura en base á normativa PCI DSS (Payment Card Industry Data Security Standard) certificado na versión 3.0 nivel 1.

PCI corresponde aos estándares de seguridade da información e identidade de tarxetas de pago, asi coma aos mecanismos de manipulación, almacenamento e xestión dos datos de tarxetas de crédito e débito por parte de entidades financeiras, comercios e empresas integradoras provedores de servizos de medios de pago.

Todas as operacións que se realizan coa tarxeta a través de e-park, garanten o encriptado dos datos desde o seu punto de orixe, ata o punto de destino.

Debes falar inmediatamente coa túa entidade bancaria para que cancele a túa tarxeta extraviada. deste modo ninguén poderá facer uso dela ao quedar invalidada.

Os teus datos, saldo e configuración de e-park permanecen seguros no noso sistema.

Cando das de alta en e-park unha tarxeta bancaria nova, nos poñemos en contacto co banco emisor da tarxeta utilizada para efectuar o pago.

Para comprobar a validez da tarxeta e asegurarnos de que non foi declarada como roubada ou perdida procedemos a cargar e devolver no momento o importe de 1€. Polo tanto, non cargamos o importe, só se trata dunha medida de comprobación.

Si existiu unha anomalía ou cobrouse algún importe indebido, indícanolo para comprobalo e enmendalo.

Se recibes unha notificación de que se rexeitou a túa tarxeta bancaria, deberás contactar en primeiro lugar co teu banco para pescudar cal é o motivo.

Asegúrate de que a información da tarxeta que tes rexistrada na túa conta de e-park é correcta e non caducou xa que, en ocasións, cando a túa tarxeta caduca recibes unha nova con un número diferente.

Se o desexas, podes dar de alta outra tarxeta bancaria mentres se resolve a incidencia.

Para elo, só tes que entrar desde a app na pestana “a miña conta”, seleccionar eliminar tarxeta e proceder ao alta de unha nova

E-park acepta todo tipo de tarxetas bancarias, tanto de crédito como de débito. Sempre que das de alta unha nova tarxeta verificamos coa entidade procesadora da túa tarxeta a súa validez.

En ocasiones determinadas entidades bancarias, non activaron os seus protocolos para que poidas facer pagos coa túa tarxeta  nun smartphone. Iso non significa que non teñas saldo ou que a túa tarxeta non funcione, se non que o teu banco non fixo os deberes.

Se tes problemas para dar de alta a túa tarxeta, e comprobastes que introduciches correctamente todos os datos, ponte en contacto connosco para que falemos coa  túa entidade e solucionalo á maior brevidade.

Existen certos métodos de pago ou  tarxetas bancarias NON admitidas en e-park como:

  • PayPal
  • American Express
  • Dinners Club
  • Domiciliacións bancarias
  • Transferencias bancarias

En e-park tomámonos moi en serio a seguridade nos pagos. Debemos investigar o que aconteceu. Para elo debes poñerte en contacto connosco, enviándonos os seguintes datos:

  • Explicación do acontecido
  • Importe
  • Data
  • Xustificante da túa entidade bancaria

Lembrámoste que no procedemento de alta de unha nova tarxeta, verificamos a súa validez emitindo automaticamente un cargo e unha devolucion de 1€. Deste modo a túa entidade bancaria indícanos que a túa tarxeta é válida para poder realizar pagos en e-park.

En e-park tomámonos moi en serio calquera dúbida ou cuestión que te xurda concernente a pagos e cargos, polo que comprometémonos a tratar de rIsolver este tipo de problemas o antes posible.

Só te pedimos, que antes de poñerte en contacto connosco, verifiques se o cargo aparece no teu extracto bancario.

En caso de que apareza, por favor envíanos o xustificante para poder comprobalo e axilizar a xestión.

En absoluto. A configuración de e-park cos teus datos, matriculas, movementos e saldo permanece sempre no noso sistema, de forma que cando inicies sesión desde calquera teléfono os teñas dispoñibles. Podes utilizar e-park co mesmo usuario desde varios terminais á vez.

e-park permite que os usuarios rexistrados anulen as súas denuncias, se previamente obtiveron un ticket coa APP e a condición de que esta sexa anulable, segundo estipula a ordenanza municipal en vigor da cidade onde estacionase.

Para coñecer se a denuncia é anulable, debes ir ao botón Pagar estacionamento na Pantalla de inicio. Selecciona a matrícula sancionada na cidade da infracción e pulsa sobre a pestana Anular denuncia. O sistema consultará se a sanción é anulable ou non.

  • Se a denuncia non é anulable, aparecerá indicado.
  • Se a denuncia si é anulable, sairá unha pantalla de pago co importe da anulación.

Só tes de confirmar a operación e esta quedará anulada. Espera uns segundos e consulta a pestana Movementos, dentro do Menú lateral, en Pantalla de inicio e poderás ver o movemento co pago da anulación de denuncia.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar os servizos ofrecidos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso e instalación. Para máis información faga click aquí.